Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    De merenda e de festa en terras de Frades

    Frades 2013 - VIII Festa da Merenda en Aiazo - cartelDía grande en Aiazo, e xa van oito anos. Todos de merenda e de festa con dúas das agrupacións que máis xente levan aos campos de verbena: PARÍS DE NOIA e o grupo CICLÓN.

    Un ano máis en terras de Frades celébrase unha festa moi tradicional. Merendas e música de orquestra nun entorno natural. O mesmo que nas festas que facían os nosos avós pero no século XXI e con orquestras de «última xeración». PARÍS DE NOIA e o grupo CICLÓN serán os encargados de amenizar esta nova edición da Festa das Merendas en Aiazo. Repertorios novos e espectaculares e unha posta en escena moi coidada en ambas formacións musicais. As dúas orquestras arrastrarán a Aiazo, en horario de tarde, a centos de persoas…

    Merendas, grupos folclóricos e sobre todo, a partir das 18.30, dúas propostas festeiras de nivel. CICLÓN e PARÍS DE NOIA deixarán o listón ben alto, un ano máis, en Aiazo. Frades 2013 - VIII Festa da Merenda en Aiazo - cartel 2

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook