Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dúas festas separadas só por unha estrada

    Arteixo 2011 - Festas da Virxe da Luz en Vilarrodís - cartel

    VILARRODÍS E OSEIRO, EN ARTEIXO, ESTÁN DE FESTAS

    Cada un a súa, os lugares de Vilarrodís e Oseiro, en Arteixo, están de festas, pero cada quen celebra a súa. Dous campos da festa separados uns centos de metros nada máis e coa mesma patroa, a Virxe da Luz. En Vilarrodís e mais en Oseiro comezan e rematan as festas o mesmo día.

    Se un circula en coche pola estrada que separa Vilarrodís de Oseiro, cara á Coruña ou cara a Arteixo e escoita foguetes, é posible que non saiba en cal das dúas celebracións os botan, dada a proximidade dos campos da festa de ambas as dúas localidades arteixás. Teñen a mesma patroa pero as festas fanas por separado desde hai xa uns anos.

    Coméntanos unha veciña que noutras épocas non era así, de feito en Vilarrodís non hai igrexa. Esta está en Oseiro. De todas formas polos desacordos que houbo entre algúns veciños pasouse a organizar dúas festas diferentes a escasos metros unha da outra.

    Estas pasadas edicións as festas en Vilarrodís eran durante cinco días, comezando un día antes que en Oseiro, ou ben as de Oseiro remataban un día despois que en Vilarrodís, pero este ano nin iso, incluso as orquestras e grupos musicais pertencen á mesma oficina de espectáculos desde hai dous anos.

    Outra característica importante é que este ano non pasaran por ningunha das dúas festas as consideradas mellores orquestras de Galicia, as "grandes", cando estas últimas edicións si o facían. Mesmo a orquestra PANORAMA actuou en 2010 nas dúas festas con dous días de diferenza entre as actuacións.

    Palladium 2010 - orquesta - cartelPalladium repite en Oseiro abrindo as festas de 2011

    Con todo pasarán polas vilas grupos e orquestras consolidados e coñecidos que garantirán un ano máis os programas da Virxe da Luz en Arteixo: PALLADIUM, SAMBA, ALKAR, TRIUNFO ou ATENAS son grupos moi coñecidos, que levan traballando forte as últimas temporadas.

    En OSEIRO, o programa inclúe as actuacións da orquestra PALLADIUM (venres), os grupos TRIUNFO e MIDAS (sábado) e da orquestra XENTE NOVA (domingo). Para cerrar as festas o luns haberá una orquestra sorpresa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook