Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dúas citas con Gran Parada

    Friol_2014_-_XXII_Feira_do_Queixo_e_Pan_de_Ousá_-_cartelA orquestra Gran Parada é a encargada, un ano máis, de poñer a música de verbena na Feira do Queixo e Pan de Ousá

    A orquestra rianxeira actúa esta noite en Brión, Rianxo, acompañada de Pontevedra. Mañá será a actuación estelar na Festa do Queixo e Pan de Ousá, en Friol

    Máis de medio século de traballo e a orquestra rianxeira GRAN PARADA segue máis forte ca nunca. A popular formación musical, unha das especialistas na música de baile en Galicia, actúa esta noite de sábado na súa terra, concretamente na parroquia rianxeira de Brión, acompañada por outra das grandes, a PONTEVEDRA. Entre as dúas farán unha festa por todo o alto tal e como acostuman a facer.

    Pero para quen non poida acudir esta noite a Rianxo aínda queda outra oportunidade esta fin de semana, porque a formación musical estará, outro ano máis, na festa gastronómica do Queixo e Pan de Ousá que se celebra en Friol e que chega á súa edición número 22. GRAN PARADA poñerá a música de verbena nunha cita á que xa está abonada, pois entre esta orquestra e SINTONÍA DE VIGO ocupan as últimas edicións da popular festa luguesa.

    GRAN PARADA acaba de presentar nova imaxe para a súa temporada 51, con alguhas novidades nos compoñentes pero tamén algunha cara que xa é bandeira na orquestra, como Mónica Ordás, unha das consideradas mellores voces da verbena galega.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook