Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dani Gómez, nova voz en Foliada 2012

    Foliada 2011 - orquesta - cartelUn dos cantantes de Foliada, Álex Camacho (na imaxe diante á dereita), é a única baixa na orquestra para esta nova temporada que xa empezou

    O ata hai pouco vocalista da orquestra MANHATTAN xa ten novo destino para a nova temporada, e será nunha formación musical coruñesa. Falamos da orquestra FOLIADA que presenta a Daniel Gómez como único cambio para a nova temporada 2012.

    O vocalista leonés pasa a formar parte da formación musical no lugar de Álex Camacho, que fichou por unha orquestra vallisoletana. O novo cantante de FOLIADA, coñecido pola súa etapa en MANHATTAN, aínda que formou parte doutras orquestras galegas como GALAXIA e MADISON, declárase un amante da música, de toda a música, pero especialmente "dun pasodoble ben cantado". Con todo, a nova voz de FOLIADA dálle a todos os estilos, o que permitirá que a orquestra siga ofrecendo un repertorio moi completo. Ademais, complementarase moi ben coa outra voz masculina da orquestra, Raúl, polo que o éxito está asegurado.

    Daniel Gómez Martínez será a única alta na orquestra, o resto de compoñentes permanece como en 2011, onde só houbera dous cambios. Nestes tempos revoltos, é pouco usual esta estabilidade nunha orquestra, máxime nun ano como 2012, caracterizado polos cambios nas formacións musicais.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook