Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dale al boom, boom, con Panorama

    O novo éxito da orquestra PANORAMA xa está aquí; prepárate a darlle ao boom, boom. A nova canción promete ter tanta sona como o anterior título propio da formación musical, Cómo está el panorama, do que tamén acaba de saír un remix para as pistas de baile.

    O tema novo, Dale al boom, boom, formará parte do CD de estudio que está a piques de saír á rúa. Un novo proxecto musical que, como moitos outros da orquestra, sae coa intención de recadar fondos para a loita contra o cancro. O vindeiro venres en Ordes xa estará dispoñible para que todos aqueles que queiramos achegar o noso graíño de area o fagamos.

    En Festa a Festa xa podes bailar co novo éxito pegadizo da PANORAMA: Dale al boom, boom.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook