Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Agosto
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Culleredo segue a ofrecer festa esta fin de semana

    Cinema 2013 - orquesta - cartelA orquestra Versalles (en sesión vermú e noite) abre as festas de Culleredo. Pola noite estará acompañada por Cinema. As festas rematan o vindeiro luns

    O concello coruñés de Culleredo continúa co seu completo calendario de festas. Se onte a localidade cullerdense de Castelo culminaba as súas festas anuais cunha churrascada e posterior verbena con EL COMBO DOMINICANO e PANORAMA, que lograron desbordar o campo da festa coa asistencia de miles de persoas, e onde era toda unha fazaña poder aparcar o coche cerca da festa, e o pasado día 27 remataban as de Castro-Laxe con orquestras como SINTONÍA DE VIGO, PANAMÁ e ARMONÍA SHOW, hoxe comezan as celebracións da cabeceira de Concello. Culleredo ofrece ata o vindeiro luns unha proposta festeira onde priman as orquestras. Cinco formacións musicais para tres días de festa: VERSALLES e CINEMA abren hoxe o cartel, a orquestra PONTEVEDRA actuará durante o domingo, e LOS SATÉLITES xunto con SOLARA serán as encargadas de cerrar as festas o vindeiro luns.

    O Burgo, Vilaboa, Castelo, O Castro, etc... algunhas das mellores festas non só do concello senón tamén da área metropolitana coruñesa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook