Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Costa Vella, parque comercial e festeiro por un día

    Costa Oeste 2013 - orquesta - cartelAs orquestras Costa Oeste, Cinema e Filadelfia actúan esta noite no polígono compostelán de Costa Vella dentro do programa da Festa da Xuventude de Amio

    Arranca en horas a Festa da Xuventude de Amio, en Santiago de Compostela. O lugar para a celebración da macrofesta que levará nada menos que tres orquestras é o polígono de Costa Vella, concretamente ao lado do supermercado Lidl.

    As formacións musicais que ofrecerán os seus repertorios son todas de primeira fila: COSTA OESTE, CINEMA e FILADELFIA. Tres bandas verbeneiras que acollerán para esta noite de sábado a miles de festeiros. Así, se polo día son miles as persoas que se achegan aos negocios asentados en Costa Vella, como Leroy Merlin, Decathlon, Lidl, Kiabi ou Mercadona entre outros, esta noite o polígono comercial converterase, tamén, no recinto festeiro de referencia para acoller a Festa da Xuventude de Amio. Hoxe en Costa Vella mandan as compras polo día e a festa pola noite.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook