Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Costa Oeste estrea o Boxing Tour 2012

    Orquesta Costa Oeste 2012 - cartelNova imaxe da orquestra Costa Oeste

    O próximo venres 29 de xuño é un día moi a ter en conta para os seguidores da orquestra COSTA OESTE. A popular formación musical estrea o seu BOXING TOUR 2012 que rodará por toda Galicia este verán que acaba de comezar.

    En palabras do director musical da orquestra, Arturo Sabugueiro, o atraso na posta en marcha da nova xira debeuse "á complexidade dos temas e á loxística que conlevan" e aínda que xa se viron pinceladas nestas últimas actuacións, o gordo do novo espectáculo chega agora. Isto implica a estrea de practicamente todo o repertorio do primeiro e segundo pase.

    Orquesta Costa Oeste 2011O equipo de músicos e vocalistas permanace como na anterior temporada

    Desde a orquestra infórmannos de como será o novo tour, e así haberá repertorio para todo o mundo, para todo tipo de publico. No primeiro pase a selección musical irá desde temas para os máis maiores ata un final pensado especialmente para os máis pequenos da festa. Polo medio haberá moitos temas de baile, espectáculo e tamén algunhas cancións de gran calidade para lucimento dos vocalistas.

    Finalmente, o segundo pase está perfilado con temas de actualidade para a xente nova, sen deixar de lado outros temas clásicos de sempre.

    Polo tanto a partir do venres, en Mesón do Vento (Ordes), onde COSTA OESTE estará acompañada por GALILEA, a formación musical despregará todo o seu potencial para facer de novo unha xira chea de música, baile e diversión para todo o público. Para seguir a xira de COSTA OESTE podes consultar a nova páxina web (www.costa-oeste.com) e a súa conta de Facebook.

    De momento publicamos as datas do mes de xullo, aínda que supoñemos que sairá algunha máis. O BOXING TOUR 2012 xa está aquí.

    Orquesta Costa Oeste 2012 - logo Logotipo da nova xira de Costa Oeste, Boxing Tour 2012

    ACTUACIÓNS XULLO 2012. ORQUESTRA COSTA OESTE

    01            QUEIZAS VERÍN OURENSE (21.oo) 04            BOIRO A CORUÑA (noite - con PANORAMA) 06            LUINTRA  NOGUEIRA DE RAMUÍN (noite) 07             MESÍA CORUÑA (22.30 - con ALARMA) 13             PEREIRO DE AGUIAR OURENSE (noite) 15             O GROVE PONTEVEDRA (22.00 - con LA OCA) 19             BERDÍA SANTIAGO A CORUÑA (22.30 - con ATENAS) 21             MONES VILLAMAYOR  PILOÑA ASTURIAS (noite - con TEKILA) 23             O BURGO CULLEREDO A CORUÑA (23.00) 24             PARADA DE AMOEIRO OURENSE (23.30) 26             RIBADELOURO TUI PONTEVEDRA (22.00 - con ACHÉ) 27             JARRIO COAÑA ASTURIAS (23.00 - con CHARLESTON BIG BAND) 28             LOURO MUROS A CORUÑ 30            SÉSAMO CULLEREDO A CORUÑA (con FILADELFIA)

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook