Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Octubre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Costa Oeste 2013 e Jerusalén 2013

    Orquesta Costa Oeste 2012 - cartelA última moda nas redes sociais parece que é lanzar rumores sobre cerres de orquestras para a próxima temporada. Os usuarios de Facebook preguntan nas páxinas especializadas, clubs de seguidores e nos muros das propias orquestras se é certo que tal ou cal orquestra non seguirá para a temporada que vén. Se ben é verdade que algunha orquestra parece que non seguirá, e moitas que facían a campaña de inverno este ano descansarán, estes contratempos non afectan a dúas das formacións musicais que algúns dan por liquidadas: COSTA OESTE e JERUSALÉN. Ambas orquestras seguen con normalidade para a próxima temporada, con novos repertorios e algúns cambios de compoñentes.

    Jerusalén 2012 - orquesta - cartelAs dúas formacións musicais pertencentes ao catálogo da axencia Representaciones Lito víronse na necesidade de desmentir rotundamente os comentarios que afirmaban que non sairían na próxima temporada, e así as dúas bandas con algún cambio de compoñentes (moi poucos en JERUSALÉN e parece que algún máis en COSTA OESTE) volverán a deleitarnos cos seus potentes repertorios aptos para todo o mundo e posta en escena persoal e característica. E nós alegrámonos de que sexa así.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook