Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Continuamos de festa por terras de Dodro

    Aché 2012 - orquesta - cartel

    Despois de cerrar con Marbella as festas de Dodro, desta volta a orquestra Aché farao con Charleston Big Band en Lestrove mañá martes

    Se a semana pasada era a cabeceira do Concello a que estaba de festas, cun broche final MARBELLA - ACHÉ impresionante, estes días é Lestrove a parroquia encargada de celebrar os seus festexos anuais.

    A festa en Lestrove comezou o pasado sábado coa tradicional xornada dedicada aos nenos. A primeira verbena tivo lugar onte domingo a cargo dos grupos LIMÓN e NEBRASKA. Hoxe era o grupo SAMBA acompañado da orquestra LA BÁMBOLA quen poñía a música para a segunda verbena do ano. Mañá as festas acabarán da man de dúas grandes orquestras: ACHÉ, esta vez acompañada de CHARLESTON BIG BAND desde Padrón. A vindeira cita en Dodro terá lugar a semana que vén en Imo, e parece que aínda non será a última.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook