Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Conéctate a América SL

    grupo-america-sl-2011-conectate-caratulaO grupo América SL lanza novo traballo discográfico: Conéctate

    Xa está dispoñible o novo traballo discográfico do grupo AMÉRICA SL, unha entrega de oito pistas (tres delas son mixes que conteñen varios éxitos mesturados e arranxados polo grupo) moi bailables dedicada aos amantes da verbena. Como mostra non tes máis que escoitar o primeiro corte "Conéctate", que lle dá título ao disco, para saber por onde van os tiros: música moi verbeneira para bailar.

    O traballo discográfico foi presentado onte pola tarde no programa A Solaina de TVG e xa pola noite nunha emisora de radio. Pódese adquirir naquelas festas onde actúe o recoñecido grupo e esta é a listaxe de temas que compoñen o novo traballo:

    Conéctate

    Italian Medley

    Cambiemos el mundo

    Porque aún te amo

    Baila baila

    Mix de tunas

    Son de folk

    Mi Huelva tiene una ría

    Este ano 2011 caracterízase para AMÉRICA SL pola edición das novidades. Hai algún cambio importante nos compoñentes, cambios na montaxe, novidades no repertorio, edición de disco, etc... O carismático grupo segue adiante ofrecéndonos o mellor do seu traballo, agora tamén en CD.

    As voces da formación musical son: Glory, Jako e David Carrasco (novo), e os acordes musicais veñen da man de Jako (gaita), Manu (guitarra, teclados e bandurria), Paulo (teclados), Bruno (batería e percusión) e Juan Iglesias (baixo).

    A próxima actuación do grupo será este sábado na Festa das Flores, en Arteixo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook