Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Concentración festeira na Costa da Morte

    Mostra do Encaixe de Camariñas - 2010 - 20ª edición - abril - cartel

    Como cada ano, na Costa da Morte a Semana Santa convértese nunha data na que as festas gastronómicas, populares e outros eventos de gran tradición e afluencia de público se multiplican. Aínda que a cita máis importante, se cadra, é a Mostra do Encaixe, hai outras moitas para estes días. Mesmo hai onde escoller porque algunhas coinciden no calendario. Ofrecemos unha pequena listaxe coas celebracións máis importantes:

    En CAMARIÑAS, a Mostra do Encaixe e a festa da Virxe do Monte. Esta última inclúe a Festa da zorza e verbenas durante tres días.

    En PONTECESO, a Festa do Pulpo.

    En MUXÍA, a Festa do Congro. Inclúe un programa con outras actividades lúdicas (xornadas e mostras de artesanía).

    En FISTERRA, a Festa do Santo Cristo con verbenas durante tres días.

    En VIMIANZO varios actos no entorno do Castelo.

    En LAXE, a II Mexillonada.

    En LIRA (Carnota). Festas da Nosa Señora dos Remedios con verbenas durante tres días.

    Así, á parte da xa tradicional Mostra do encaixe, poderemos gozar de verbenas en Fisterra, Camariñas ou Lira. En Muxía celébrase xa a XIV edición da Festa do Congro con diversos actos lúdicos (consultar cartel nesta entrada). En Ponteceso tamén hai festa gastronómica, neste caso do polbo, ou mesmo en Laxe co mexillón.

    Na Costa da Morte cada vez hai máis actos e festas na Semana Santa. Os concellos pretenden captar a atención dos visitantes que se achegan ás dúas grandes citas máis promocionadas: o Cristo de Fisterra e a Mostra do Encaixe de Camariñas. A estes dous importantes eventos súmaselle unha serie de festas noutros concellos máis ou menos próximos e aumenta a oferta festeira nesta zona. Hai quen di que isto é malo porque divide o público. Que sería mellor ofrecer as distintas festas en semanas diferentes aínda que seguidas para que unhas festas non solapen as outras. Pero o certo é que con bo tempo todas estas citas festivas ofrecen unhas cifras de participación moi importantes. Esperamos que este ano continúen con boa afluencia de festeiros.

    Festa do Congro de Muxía - 2010 - 14ª edición - Semana Santa Concello de Muxía - cartel

    Mexillonada Laxe - 2010 - 2ª edición - abril - cartel

    Festa do pulpo en Ponteceso - 2010 - 3ª edición - abril - Concello de Ponteceso - cartelClica no cartel par ver a información a maior tamaño

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook