Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Competición entre veciños polo mellor Entroido verbeneiro

    Salceda de Caselas 2014 - Entroido na Feira - cartel

    Catro formacións musicais para os dous días de festa para A Feira e outras catro en Castro Barreiro, os dous lugares de Salceda de Caselas compiten como cada ano polo mellor Entroido

    Cartelazo en Castro Barreiro, coma sempre, para celebrar o Entroido. E cartelazo tamén a escasos quilómetros do mesmo concello; A Feira programa como cada ano a súa festa de carnaval. Desde hai moitas décadas os dous lugares do concello de Salceda de Caselas compiten por ter o mellor Entroido. Luns e martes é un ir e vir de tráilers cos escenarios de orquestras e grupos punteiros que nin a crise pode borrar. Se o luns quentan motores nos dous campos da festa con dous grupos e/ou orquestras en cada un, o martes é o día grande e a competencia avívase con nomes moi coñecidos. MIRAMAR e NUEVA GENERACIÓN son as bazas festeiras dos veciños de Castro Barreiro. Pero A Feira non quedan atrás, nin moito menos, LA OCA e a orquestra CINEMA poñerán a nota musical neste tradicional Entroido. MARBELLA e ORQUESTRA DA TELEVISIÓN NORDÉS serán as encargadas en Castro Barreiro da festa do martes. Mentres, na Feira as orquestras JERUSALÉN e PARÍS DE NOIA (que actuou hai xusto un ano en Castro Barreiro) farán todo o posible para «gañar» a «competición» de Salceda de Caselas. O bo, que as festas están tan preto unha da outra que mesmo poderiamos gozar das catro formacións musicais e, seguramente, o resultado final quedará en «táboas» un ano máis. Sen dúbida, dos mellores Entroidos verbeneiros.

    Salceda de Caselas 2014 - Entroido en Castro Barreiro

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook