Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Competencia no campo da festa

    Culleredo 2012 - Festas da Corveira - cartel Son moi poucos quilómetros os que separan a localidade da Corveira (Culleredo) da urbanización A Barcala (Cambre). Se afinamos o oído case podemos escoitar a música dun sitio no outro. E é que as dúas localidades mencionadas comezan hoxe as súas festas patronais.

    Na Corveira teñen preparada unha listaxe de orquestras de baile encabezadas pola coruñesa LOS SATÉLITES, que abren hoxe as celebracións. Pola súa banda, na Barcala botan man dun dos grupos máis mediáticos do momento: CICLÓN. A orquestra TV NORDÉS (mañá) e FANIA BLANCO SHOW (domingo, cerrando as celebracións na casa, como non podía ser doutro xeito) completan o cartel verbeneiro na parroquia cambrense.

    E no apartado gastronómico, churrascada, pulpada, mexilloada... pase vostede e elixa menú e baile, ata o domingo en Cambre e Culleredo festas case pegadas...

    Ciclón 2012 - grupo - cartel O grupo Ciclón abre esta noite as festas da Barcala (Cambre) onde mañá actuará a Orquestra da Televisión Nordés, e o domingo Fania Blanco Show

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook