Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Diciembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Comeza a temporada especial de Jerusalén

    Os compoñentes da orquestra Jerusalén estarán acompañados por outros profesionais da verbena e da música en xeral. É a primeira festa para celebrar os 10 anos da formación musical

    A de 2012 non será unha temporada máis para os compoñentes de JERUSALÉN. A de 2012 non será, nin moito menos, unha temporada calquera. A orquestra caldense celebra os seus 10 anos de éxito e grande esforzo por facerse un oco nos principais lugares que ocupan só aquelas formacións que nos poden ofrecer un repertorio de calidade, unha posta en escena orixinal, diversión e espectáculo. E a JERU é unha desas, por suposto.

    E como 2012 vai ser un ano moi especial para a formación musical, desde a dirección da banda non perden o tempo e comezan xa coa celebración nada máis chegar do merecido descanso. A primeira festa aniversario será mañá venres no pub El Molino de Ribadeo, e para a actuación na que poderemos ver xa as novas fichaxes contarase coa participación de cantantes como Pamela Márquez ou Silvia Ferre Casar (voz feminina na banda de Roi Casal e ex integrante de orquestras de renome) e outros integrantes de formacións verbeneiras como Natalia Méndez (ex PHILADELPHIA e xa na súa nova orquestra, LOS SATÉLITES) e Cibrán Insua (o que foi voz do grupo MASTER e nova incorporación en CINEMA 2012).

    Con este elenco de artistas non cabe dúbida de que a primeira celebración do aniversario de JERUSALÉN será algo moi especial e promete o comezo dun ano cheo de sorpresas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook