Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Comeza a temporada de grandes festas-feiras de Galicia coa Pascua de Padrón

    Padrón 2014 - Pascua - cartel

    Trece verbenas populares e dous concertos súmanse á música das charangas e das bandas en Padrón. Comezan as festas de Pascua

    É, sen dúbida, a primeira gran festa con parque de atraccións en Galicia. A Pascua padronesa marca o inicio das grandes citas con verbenas e atraccións, de máis de tres ou catro días na nosa terra. Igual que o San Froilán marca o final de ruta, Padrón é o lugar onde moitas atraccións de festas teñen a súa primeira praza en Galicia, e tamén moitas orquestras mostran as novidades: nada menos que 13 formacións musicais.

    Se falamos de deporte na rúa, maratón popular, feira e exposicion de maquinaria agrícola e industrial, feira cabalar, festival de bandas, as mellores polbeiras do país, música de charanga e grandes orquestras, estamos a falar das festas da Pascua en Padrón. O campo do Souto e a explanada da piscina municipal xa están ateigadas de atraccións que desde o domingo de Ramos funcionan con normalidade anunciando o período de festas que comeza, oficialmente, este sábado.

    E se ao son e bulicio dos "cacharriños" da feira de atraccións lle sumamos o das charangas, bandas de música e orquestras de verbena, o resultado é unha festa á que acoden milleiros de festeiros cada ano.

    Din que o 13 é mal número se non crece; debe ser por iso que ás 13 orquestras e grupos musicais verbeneiros deste ano para actuar na Pascua se lles sumaron dous concertos o sábado de pascuílla: DAVID CIVERA e ASTAROT completan o cartel festeiro onde hai nomes da casa como ATENAS e CHARLESTON BIG BAND, e outros de formacións asiduas á Pascua como poden ser a FILADELFIA ou a mesma PANORAMA.

    Para estar informad@ de todo o programa podes consultar o Facebook (non oficial) das Festas da Pascua de Padrón. Boa Pascua padronesa!

    Padrón 2014 - Pascua - cartel orquestras

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook