Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Combate festeiro contra o temporal

    A Estrada 2013 - I Festa da Movida - cartel

    A noite festiva do Xoves Santo de 2013 recordarase como día de temporal, e iso implica que moitas festas tiveron que suspenderse por mor do mal tempo. En Burela, por exemplo, pero tamén en Sigüeiro. Noutras citas verbeneiras, pola contra, os músicos e cantantes tiveron que loitar contra a adversidade meteorolóxica para sacar a festa adiante, non sen complicacións e danos materiais.

    Este é o caso da I Festa da Movida da Estrada, un cartel composto por dúas bandas e unha orquestra. Os grupos LOS CHIQUIS e LA GUARDIA convocaron a multitude de público que non cabía na carpa acondicionada para a ocasión. As actuacións das bandas mencionadas darían paso á presentación oficial da "orquestra da vila": GALILEA 2013 dispoñíase a facer a súa primeira data da temporada e presentar todas as novidades ou a maioría delas. A auga e o vento estragaron o escenario e mesmo algúns instrumentos. Aínda así, en loita continua contra o vento a orquestra sacou adiante a súa actuación aínda a costa dos danos materiais que sufriron.

    PARÍS DE NOIA e PANORAMA, pola contra, tiveron que suspender en Burela. Tamén aquí houbo que rexistrar danos materiais sobre todo no escenario de PANORAMA; danos que fixeron perigar as próximas actuacións da orquestra se non fose polo gran traballo do equipo técnico que fará todo o posible por amañar todos os desperfectos. Tamén CANADÁ e OLYMPUS fixeron o propio en Sigüeiro, nunha cita que se completaba con outra actuación e varias sesións de DJ. Un cartel completísimo que quedará para outra ocasión.

    Festa a Festa estivo en Sigüeiro a pasada noite de xoves (sobre as 20.30 horas) e xa no campo de festas, asfaltado e con carpa, se vía inviable facer ningunha actuación ante a que estaba caendo; unha data importante para OLYMPUS, que está estes días presentando o seu espectáculo Burlesque cun impresionante escenario no que os músicos se presentan en compartimentos caixa en varios pisos.

    Ante esta situación que comeza a ser anormal, pois estamos entrando en abril e a predición é que volve a empeorar o domingo, sempre nos queda pensar que se o inverno vén así de forte o verán tamén sexa bo e poidamos gozar das festas sen paraugas.

    Orquesta Olympus 2013 - cartel 2

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook