Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Colapso en Bribes

    Cambre 2011 - San Cibrao en BribesO día grande das festas de Bribes (Cambre) sempre acolle a multitude de persoas para a popular churrascada e se, ademais, ese día aterra no campo da festa unha das "grandes" a festa xa está garantida. E como isto adoita acontecer case en cada edición das populares festas de San Cibrán, unha vez máis o campo da festa quedou pequeno esta noite para poder gozar e bailar coa orquestra PANORAMA, a encargada de cerrar hoxe os festexos nesta parrqouia cambrense. O PLanet Tour 2011 da afamada orquestra pon punto final ao San Cibrán de Bribes, despois de catro días de festa que comezaban o venres coa FANIA BLANCO SHOW e o grupo CICLÓN. NOVA IMPERIAL actuaba o sábado e o domingo un grupo musical facía a sesión vermú. Hoxe era o día grande coa churrascada, o xamón escaldao e o chourizo, pero por se fose pouco o pasado venres fíxose a I Gran Paella, que esperemos teña continuidade nas vindeiras edicións. Festas grandes en Bribes, coma sempre...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook