Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Coia rebenta en festas

    Boomerang 2011A atracción Boomerang forma parte do recinto feiral instalado en Coia para as festas da Consolación, ata o próximo martes / © Foto: roxegar 2011

    O popular barrio vigués de Coia será referencia durante os próximos cinco días polas súas afamadas festas. Non só compiten con outras das "grandes" en Vigo, as de Bouzas dentro dun par de semanas, senón con algunhas de tanta sona como o San Froilán, a Pascua de Padrón ou a Peregrina de Pontevedra. E tamén compiten mesmo no calendario coas festas do verán de Boiro, que reúnen a algunhas das consideradas mellores orquestras de Galicia ademais dun recinto ferial moi importante.

    Pero, como dicimos, as de Coia non se quedan atrás. Un recinto de atraccións dos máis completos de Galicia e que reúne algunhas atraccións como Ratón Vacilón (montaña rusa) que se poden ver en moi poucas festas galegas e outras máis comúns como o saltamontes, autos de choque, explorer, a nube Marvel, o Jumanji (unha especie de ola que se move e que intenta desestabilizar e tirar ao centro a xente que vai sentada) ou o Boomerang, unha roda que sobe ata dar a volta ao mesmo tempo que xira a gran velocidade.

    E das orquestras hai que dicir, coma sempre, que están as consideradas mellores do momento. JERUSALÉN e CINEMA actúan esta noite; ACHÉ e MARBELLA mañá sábado; OLYMPUS e GRAN PARADA o domingo; o luns farano ARMONÍA SHOW e PARÍS DE NOIA e o martes, para rematar, PALLADIUM e PANORAMA cerrarán os festexos deixando o público con ganas de máis, que ha de ser, esperemos, o ano que vén.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook