Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Claxxon arrasa en Barro

    Claxxon 2012 - grupo - cartel 2O novo grupo Claxxon está composto por seis membros e ofrece un tipo de verbena diferente ao modelo tradicional

    Moito vai dar que falar este grupo en 2012. Sen poder aínda gozar dunha actuación pola nosa parte e só por comentarios que nos chegan vía blog ou por xente coñecida e algunhas gravacións de YouTube, está claro que un dos grupos revelación de 2012 leva por nome CLAXXON.

    É un concepto diferente de verbena, máis completo que o tradicional e un estilo distinto ás grandes orquestras espectáculo. En CLAXXON podemos gozar de temas que dificilmente poderemos atopar noutras formacións musicais. Nese sentido atrévome a comparalos cos amigos asturianos de ASSIA, que ofrecen un repertorio un pouco arredado do modelo clásico de verbena galega, pero tamén do que ofrecen outras orquestras máis "modernas". E a verdade é que se agradece tamén un estilo un pouco apartado dos canons establecidos, que non fai senón enriquecer as nosas festas e relegar a un segundo plano (que non suprimir, nin moito menos) a cumbia, tan presente no repertorio verbeneiro da maioría das orquestras. Nese sentido nótase a presenza na banda de ex compoñentes do mítico grupo AMÉRICA, que sempre tivo presentes no repertorio algúns tipos de música relegados nas verbenas, cando non directamente ignorados.

    A montaxe que leva o grupo tamén difire do que estamos afeitos a ver. Fuxindo das pantallas leed que tanto furor están facendo nos escenarios, o palco de CLAXXON non deixa de ser impresionante e vistoso como o que máis. O Falcon 205, que así se chama, simula unha plataforma como a que levan moitos grupos internacionais de xira. A luz dos focos e a voz e bo facer dos músicos é o único que sobresae no espectáculo, e á vista dos resultados parece que este produto pode dar bos resultados.

    E dicimos isto porque segundo as noticias que nos chegan hoxe parece que o grupo arrasou a pasada noite na Festa do Viño de Barro, onde hoxe repiten de novo. Esperemos que o debut de CLAXXON nos campos de festa sexa o preludio de moitos anos de éxito, o mesmo que lles desexamos ao resto de grupos e orquestras que, cada un no seu estilo, nos alegran as noites de baile, verbena e espectáculo por todos os recantos de Galicia.

    Fragmento dunha actuación do grupo Claxxon en Santiago de Compostela

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook