Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Citas para ir facendo a axenda verbeneira

    orquesta-los-satelites-2009-cartel-pequeno1A orquestra coruñesa Los Satélites abrirá as festas en Espíritu Santo (Soñeiro - Sada) o día 21 de maio

    Hoxe en Festa a Festa adiantamos dúas citas verbeneiras para ter en conta na axenda festeira. Trátase das festas patronais da parroquia de Espíritu Santo en Soñeiro (Sada) que se celebran a partir de mediados de maio, e por outra banda as festas do Carme no Grove. Adiantamos os programas case definitivos e agradecemos aos usuarios que nolos mandaron, dous amigos de Festa a Festa, a súa colaboración. Podes enviarnos os carteis ou programas das túas festas ao enderezo electrónico do blog: festaafesta.blog@gmail.com FESTAS DO ESPIRITU SANTO - SOÑEIRO (SADA) 21 de maio. GRAN CHURRASCADA e Verbena coa orquestra LOS SATELITES. 22 de maio. Misa solemne. Sesión vermuth e verbena coa orquestra VERANO AZUL. 23 de maio. Misa solemne seguida da tradicional procesión. Para finalizar as festas, sesión vermú cun Grupo Musical.

    orquesta-paris-de-noia-2010-cartel1París de Noia e Panorama abren as festas do Grove o 15 de xullo, véspera do día do Carme

    AVANCE DO PROGRAMA DAS FESTAS DO GROVE (XULLO 2010) Nas festas do Carme grovenses actuarán durante catro xornadas dúas formacións musicais por noite. Sete orquestras e un grupo amenizarán as tradicionais festas na vila mariñeira. Este é o avance: DÍA 15: Orquestras PANORAMA e PARÍS DE NOIA DÍA 16: Orquestras TV NORDÉS e COSTA OESTE DÍA 17: Orquestras PONTEVEDRA e SUPER COMBO DÍA 18: Grupo LIMÓN e orquestra SINTONÍA DE VIGO

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook