Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Citas festeiras para escorrentar o frío a golpe de baile

    Fene 2012 - Festas en San Valentín - cartelNo barrio fenés de San Valentín haberá festa por todo o alto ata o domingo

    As baixas temperaturas rexistradas estes días non van arruinar as citas festeiras que se darán nesta fin de semana. Iso si, haberá que bailar para non quedar entalados co frío no campo da festa. Algunhas citas verbeneiras para estes días son garantía de que imos bailar aínda que non queiramos.

    En San Valentín (Fene) por estas datas, facendo gala do nome, sempre hai festas. E este ano non podía ser menos. Para a ocasión cóntase coa actuación de catro orquestras (o sábado actuarán dúas): PHILADELPHIA, FANIA BLANCO SHOW, PARÍS DE NOIA e outra agrupación que cerrará os festexos o domingo.

    A Pontenova 2012 - Festas de Santa Apolonia en Neipín - cartel

    Mentres en terras da Pontenova, concretamente en Neipín, celebran a Santa Apolonia coa actuación de dous dúos e un grupo. Destacamos que é unha das primeiras actuacións do grupo LOS ÁNGELES, que sae este ano como novidade a facer boa festa. O grupo é novo pero os compoñentes proceden de coñecidas agrupacións musicais. Entre eles na dianteira ex compoñentes da orquestra SUPER STAR, Javier Mouzo e Vanessa Bouza.

    Se queres saber máis datas das orquestras galegas ou lugares onde podes ir de festa consulta a nosa AXENDA (na páxina principal do blog á dereita), con 90 actuacións para esta fin de semana.

    Los Ángeles 2012 - grupo - cartelNovidade para esta temporada verbeneira; o grupo Los Ángeles desde o sur de Galicia

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook