Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cita festeira no barrio coruñés do Ventorrillo

    A Coruña - Ventorrillo 2010 - cartelAs festas do Pilar, no Ventorrillo, terán lugar desde hoxe ata o martes no barrio coruñés

    É unha das poucas festas que quedan na cidade da Coruña. E non será que practicamente todos os barrios coruñeses tiñan as súas festas ata hai uns anos. Festas como as dos Mallos, Agra do Orzán, A Gaiteira, Elviña, Monelos... pasaron definitivamente á memoria festeira e semella que nunca volverán a celebrarse. Outras seguen aí loitando por sobrevivir a unha forma de vida que parece que non as considera. As do Ventorrillo xa levan máis dunha década celebrándose. Son das últimas no calendario festeiro coruñés e organízanse para conmemorar o día da patroa parroquial, a Virxe do Pilar.

    Noutros anos eran dúas orquestras diarias as que actuaban no barrio; iso si, sempre de primeira liña como aínda hoxe. Tamén hai que lembrar que nalgunha edición a festa só se celebraba durante dous días.

    Este ano serán catro as xornadas festivas, aproveitando a fin de semana e mais a ponte. No primeiro, hoxe, haberá música pero non de verbena; Xurxo Souto presentará o Festival Folk Galego 2010.

    Será mañá cando comecen as verbenas. JERUSALÉN será a primeira orquestra en actuar. SALSA ROSA e FANIA BLANCO SHOW, o luns e martes respectivamente, completan o cartel.

    Tamén haberá unha polbeira como de costume e atraccións de feira para os máis pequenos da casa. As atraccións estarán situadas na rúa principal do barrio diante da entrada do colexio. E haberá carpa por se o tempo non mellora, aínda que o prognóstico parece que quere darlle tregua á chuvia, polo menos na cantidade que caeu nas últimas horas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook