Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cita de luxo coa verbena en Lugo

    Lugo 2014 - Expoverbena - cartel

    Nove orquestras e a actuación de Astarot actuarán no evento anual de Lugonorte de Espectáculos en Lugo

    Nove formacións musicais de verbena e o grupo Astarot amenizan unha nova edición de Expoverbena no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, con entrada gratuíta. A cita é un dos eventos máis importantes destas características e dá por comezada oficialmente a nova temporada

    A axencia Lugonorte de Espectáculos organiza un ano máis o seu macrofestival de orquestras en Lugo, unha cita xa obrigatoria para todo festeiro que se precie. O Pazo de Congresos e Exposicións acolle unha temporada máis o evento verbeneiro que traerá a actuación dun gran número de orquestras e grupos verbeneiros así como o concerto de ASTAROT.

    Xa hai algúns anos que se organiza este evento multitudinario, que deu un salto cuantitativo a todos os niveis na temporada 2012 cando pasou a chamarse EXPOVERBENA e ampliou a súa duración a dous días. Se na anterior edición foran cinco as orquestras que actuaban en Lugo, en 2012 eran nove, número que se ampliou a 10 en 2013 se contabilizamos o concerto de Lucía Pérez, ou o deste ano protagonizado por ASTAROT. Con entrada gratuíta e servizo de bar, o Pazo de Congresos lucense convértese esta próxima noite de venres e sábado nun campo da festa de primeiro nivel. Nada máis e nada menos que nove formacións musicais de verbena para amenizar dúas noites de novidades e presentacións nun acontecemento verbeneiro que xa está moi consolidado.

    Con respecto doutras edicións, repiten un ano máis COSTA DORADA, ALIANZA e BREIXA BAND. Respecto do ano pasado, volve ÉLITE, convertida en orquestra e chamada a ser unha das formacións musicais revelación do ano.  ISRAEL, LA SEÑAL, ANACONDA e o grupo CAÑÓN súmanse á convocatoria festeira, onde tamén estará a orquestra TROPICANA LEÓN, que despois dun parón volve subirse aos escenarios.

    O programa oficial é o seguinte:

    VENRES 11.- ISRAEL, CAÑÓN, TROPICANA LEÓN, COSTA DORADA e ALIANZA.

    SÁBADO 12.- ANACONDA, ÉLITE, BREIXA BAND, LA SEÑAL e ASTAROT presentando o seu último disco.

    Como de costume, haberá actividades para os máis pequenos e demostracións de imaxe e son. Tamén haberá sorteo de regalos entre as comisións. Ademais, o evento será retransmitido integramente vía streaming en YouTube: EXPOVERBENA 2014

    Comeza xa oficialmente a temporada 2014…

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook