Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cita de luxo coa verbena en Lugo

    Lugo 2013 - Expo Verbena - cartel

    Nove orquestras, actuación de Lucía Pérez e mesmo discoteca Móbil para o evento anual de Lugonorte de Espectáculos en Lugo

    A axencia Lugonorte de Espectáculos organiza un ano máis o seu macrofestival de orquestras en Lugo, unha cita xa obrigatoria para todo festeiro que se precie. O Pazo de Congresos e Exposicións acolle unha temporada máis o evento verbeneiro que traerá a actuación dun gran número de orquestras, o concerto de Lucía Pérez e incluso unha discoteca móbil.

    A primeira novidade deste ano é o cambio de nome, o ata agora Macrofestival de orquestras pasa a denominarse EXPO VERBENA, aínda que sen dúbida a principal novidade de 2013 é que o evento terá unha duración de dous días. Se na pasada edición foran cinco as orquestras que actuaban en Lugo, desta volta serán nove, ademais do concerto mencionado da lucense eurovisiva Lucía Pérez. Con entrada gratuíta e servizo de bar, o Pazo de Congresos lucense convértese esta próxima noite de venres e sábado nun campo da festa de primeiro nivel. Nada máis e nada menos que nove formacións musicais para amenizar dúas noites de novidades e presentacións nun acontecemento verbeneiro que xa está moi consolidado.

    Con respecto do ano pasado, ACORDES, COSTA DORADA e BREIXA BAND repiten un ano máis na cita lucense coa verbena. CUARTA CALLE, ASIRIA, ALIANZA e EMPERADORES súmanse á convocatoria festeira, onde destacamos ÉLITE, desde Asturias, novidade no catálogo de Lugonorte, e LOS PLAYER'S, cunha formación de primeirísimo nivel que dará moito que falar.

    Comeza xa oficialmente a temporada 2012…

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook