Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Octubre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cinema 2013, unha realidade

    Cinema 2012 - orquesta - cartelAfiche de Cinema 2012, coa formación actual

    E continuamos desmentindo rumores. Se hai un par de semanas tiñamos que desmentir que orquestras como JERUSALÉN ou COSTA OESTE se desfacían e que seguían actuando con normalidade de cara á próxima temporada, hoxe toca facelo coa orquestra CINEMA. A formación musical continuará con normalidade a súa andaina e nin sequera parará nos meses de inverno. "CINEMA nin se desfai nin para de tocar no inverno e continuará funcionando como cada ano con toda a ilusión e dedicación para gustar ao maior número de público posible", así de contundente se amosou a fonte fidedigna que nos informaba de que CINEMA continúa adiante.

    Haberá, iso si, unha profunda renovación se temos en conta que a dianteira actual da orquestra formada por catro cantantes abandona e algúns deles xa están fichados noutras formacións musicais, como Eva Iglesias, que volve a formar parte da orquestra MARBELLA, ou Cibrán Insua, que estará en CICLÓN. Tamén algúns músicos como o batería, o pianista, que fichou por CHARLESTON BIG BAND e algún máis causarán baixa na orquestra.

    Pero o máis importante hoxe é desmentir un rumor que se estendeu polas redes sociais durante esta última semana e non deixa de ser falso. CINEMA segue e pronto contamos con poder coñecer a nova formación musical.

    Para nós non deixa de ser unha alegría poder informar sobre a continuidade das orquestras, pero tamén é bastante penoso que as formacións teñan lanzar comunicados para desmentir este tipo de rumores. As redes sociais son moi potentes, para o bo e para o malo...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook