Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cinco formacións musicais para Caldas Xoven

    Orquesta Panorama - 2010 - 0076 - Guillán (Vilagarcía)Caldas Xoven convoca a cinco orquestras e grupos musicais para dúas macroverbenas: Panorama (foto dalgúns compoñentes), Filadelfia e Aché para o venres. Orquestra Pontevedra e grupo Alkar para o sábado /© Foto: roxegar 2010. Reservados todos os dereitos

    A localidade pontevedresa de Caldas de Reis ten todo preparado para a celebración da cita festeira Caldas Xoven. Durante esta fin de semana en Caldas poderase bailar moito e gozar dos espectáculos das formacións musicais. Hai variedade; pois son cinco bandas para dous días de verbenas.

    A noite grande, venres, estará amenizada por tres orquestras de recoñecido prestixio: PANORAMA, FILADELFIA e ACHÉ serán as encargadas de levar a festa ata altas horas da madrugada. O sábado será a orquestra PONTEVEDRA acompañada do grupo ALKAR quen amenizará a noite.

    Tamén haberá outras actividades lúdicas, como unha comida de amizade na carballeira de Caldas (tiques á venda nos distintos establecementos de Caldas ou na Comisión de festas) e actuación da charanga AIR JALISIA ou do grupo AMIGOS DO MUÍÑO para o sábado, e celebración do Día do Neno, o domingo, con prezos populares nas atraccións instaladas para a ocasión. Sen dúbida unha das fins de semana máis intensas do ano en Caldas de Reis, como adianto primaveral ás festas patronais de agosto.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook