Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cinco anos con Ciclón

    Grupo Ciclón - 2010 - 043 - RibeiraCiclón despedindo a actuación das festas de Ribeira a temporada pasada / © Foto: roxegar 2010

    Xa van alá cinco anos desde que aparecera nas verbenas galegas un grupo procedente de Santiago de Compostela con poucos medios pero moitas ganas de facer algo diferente. CICLÓN aparecía hai cinco temporadas cun escenario modesto (acórdome perfectamente daquel camión Pegaso de cores chillonas) e un concepto un tanto diferente ao do típico grupo verbeneiro que leva a cumbia (e algunhas veces case exclusivamente a cumbia) como bandeira.

    Non é que pasase desapercibido durante as dúas primeiras temporadas, ao contrario, deu bastante que falar, pero foi realmente en 2009 cando CICLÓN explotou. Un espectacular escenario e a aposta por un repertorio claramente dividido en dúas partes: unha primeira dedicada a todos os públicos, con temas de baile, espectáculo e música variada, e unha segunda parte con pop, o rock máis duro, e outros estilos musicais que dificilmente podemos atopar noutras formacións musicais de verbena. Este é o segredo de CICLÓN, que en 2010 seguiu asentándose nos primeiros postos das formacións musicais galegas e en 2011, de novo, volven apostar polos mesmos ingredientes que os levaron á fama, presentando nova montaxe, espectacularidade e música de todos os estilos para todos os públicos.

    E o grupo quere celebrar estes cinco anos no escenario o próximo sábado día 4, coincidindo coa súa actuación nas festas da Ascensión, en Santiago de Compostela. Un marco moi especial para o grupo, a Alameda da súa cidade. Unha actuación chea de sorpresas, na que os compoñentes van dar máis que nunca o dó de peito cun repertorio dedicado a todos os seguidores, fogos artificiais e todos os medios posibles dos que dispón a formación musical para facer unha festa por todo o alto. Incluso haberá invitados no palco.

    Pero aínda hai máis. Se queres podes formar parte do espectáculo do sábado contestando a unha pregunta moi simple: Que tema do repertorio da formación musical durante estes cinco anos che gustou máis? Haberá un sorteo e o gañador subirá ao escenario o sábado e mesmo montará no avión de CICLÓN e algunha sorpresa máis que o grupo ten preparada para ese momento.

    Envíanos a Festa a Festa o título do teu tema preferido cos teus datos para que CICLÓN se poida poñer en contacto contigo. Podes mandalo ao noso correo festaafesta.blog@gmail.com, ao noso Facebook (roxegar Festa a Festa), á páxina web de CICLÓN (www.grupociclon.net) ou ao Facebook oficial (Grupo Ciclón).

    Esperamos poder gozar da festa do sábado cos amigos de CICLÓN e desexámoslles moitos máis anos de éxito, que cinco son soamente o empezo dunha longa historia…

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook