Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ciclón e París de Noia un ano máis na Festa da Merenda de Aiazo

    Frades 2014 - IX Festa da Merenda en Aiazo - cartel

    Día grande en Aiazo, e xa van nove anos. Todos de merenda e de festa con dúas das agrupacións que máis xente levan aos campos de verbena: PARÍS DE NOIA e o grupo CICLÓN.

    Un ano máis en terras de Frades celébrase unha festa moi tradicional. Merendas e música de orquestra nun entorno natural. O mesmo que nas festas que facían os nosos avós pero no século XXI e con orquestras de «última xeración». PARÍS DE NOIA e o grupo CICLÓN serán os encargados de amenizar esta nova edición da Festa das Merendas en Aiazo. Repertorios novos e espectaculares e unha posta en escena moi coidada en ambas formacións musicais. As dúas orquestras arrastrarán a Aiazo, en horario de tarde, a centos de persoas… por iso desde a comisión de festas non se barallou cambiar o programa de orquestras das edicións pasadas e confían no éxito destas dúas formacións musicais, comprobado os pasados anos nesta festa.

    Merendas, música de banda, a actuación de CÉ ORQUESTRA PANTASMA (o home orquestra) e sobre todo, a partir das 18.30, dúas propostas festeiras de nivel. CICLÓN e PARÍS DE NOIA deixarán o listón ben alto, un ano máis, en Aiazo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook