Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ciclón e Panamá abren cinco días de festas en Camariñas

    Camariñas 2013 - Festas patronais de San Xurxo en Buría - cartelPor Camariñas pasarán grupos e orquestras ben coñecidos ata o próximo mércores, para celebrar as festas patronais de San Xurxo

    E seguimos dando conta de festas de San Xurxo por Galicia adiante. Neste caso imos ata a Costa da Morte, porque en Camariñas, concretamente en Buría, comezan xa as festas do patrón con cinco días de celebración (e catro de verbenas).

    A orquestra PANAMÁ e o grupo CICLÓN chegan esta noite ata Camariñas para abrir as festas patronais que se prolongarán ata o mércores. Neste concello da Costa da Morte non andan con bromas, e adiantar á fin de semana as festas non implica que o día propio non haxa. Moi ao contrario, se o día do patrón é o martes, en Buría poderase gozar de grandes verbenas hoxe sábado, o luns, martes e mércores.

    Á parte de PANAMÁ e CICLÓN, os encargados de abrir o programa, pasarán pola localidade o grupo TRIUNFO e a orquestra de A estrada GALILEA; PALLADIUM e ACHÉ o día grande; e cerrando as festas FANIA BLANCO SHOW desde A Coruña e MARBELLA desde Pontevedra.

    Cinco días dan para moito, e en Camariñas non están dispostos a desperdicialos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook