Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Diciembre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ciclón e amigos en concerto solidario

    Grupo Ciclón - 2010 - 043 - RibeiraO grupo Ciclón acompañado doutros profesionais das orquestras, o próximo 22 de decembro na sala Moon de Compostela / © Foto: roxegar 2010

    O CICLÓN verbeneiro de Santiago de Compostela, que fai honor ao seu nome porque arrasa en cada temporada que pasa, organiza un concerto moi especial para o mércores 22 de decembro.

    O lado solidario do grupo volverase ver na sala Moon da capital galega pero esta vez non veñen sós. Con Noelia, Uxío, Iván, Kiko, Carlos Arévalo, Jacobo, Linos e Sergio estarán recoñecidos cantantes doutras formacións musicais, entre eles María García da orquestra PHILADELPHIA, Karmén Martín e Lucky de ACHÉ, Andoni Arcos do grupo arousano CORNELIUS ou, desde as filas de OLYMPUS, Dani, Rodo, Pablo Somoza e Yanko.

    Non é a primeira vez que vemos a CICLÓN actuando para causas benéficas, o pasado ano xunto con outras orquestras Noelia e Kiko estiveron nun concerto solidario na Barcala (Cambre) para recadar fondos para os dannificados de Haití. Esta vez é o grupo ao completo e con outros compañeiros das orquestras galegas.

    Desde CICLÓN prométennos diversión e boa música. A cambio os asistentes contribuirán para os máis necesitados, axudas que se encauzarán a través de UNICEF. Unha vez máis a música como soporte solidario da man de CICLÓN e amigos.

    Mércores 22, Sala MOON (Antigo PÉREZ Y PÉREZ - República Argentina 33).

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook