Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ciclón afronta cambios temporais

    Grupo Ciclón 2012 - ComunicadoCiclón publica un comunicado no que explica a nova situación temporal da dianteira do grupo. Clica na imaxe para poder ver todo o texto

    O grupo CICLÓN fará un cambio importante na súa dianteira o próximo sábado 16 nas festas do Castiñeiriño (Santiago de Compostela). A vocalista Kristie Jiménez deixará temporalmente a formación musical para afrontar a última etapa do seu embarazo e esta situación provoca que na dianteira entre outra vocalista para acompañar a Noelia, Iván e Jako. Chámase Marga e procede de GARIBALDI, e estará no grupo ata a reincorporación de Kristie dentro duns meses.

    O próximo sábado no Castiñeiriño producirase unha situación extraordinaria no escenario de CICLÓN. Actuarán esa noite Kristie e Marga, acompañadas, como non, polo resto da banda. Desta forma será a última actuación de Kristie e a primeira da nova compoñente de CICLÓN, na mesma festa. Sen dúbida unha das moi poucas veces que poderemos gozar de tres vocalistas femininas na dianteira do famoso grupo musical compostelán. Esperamos non perdernos esta actuación, que sen dúbida será diferente.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook