Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Chegou a esperada cita coa xuventude do Esto

    Cabana de Bergantiños - Festa da Xuventude O Esto - cartel As orquestras Marazul e El Combo Dominicano actúan na noite do venres na Festa da Xuventude, O Esto, Cabana de Bergantiños

    Faltan horas para a festa máis esperada en Cabana de Bergantiños. O Esto, despois de celebrar hai meses a súa festa patronal, volve á actualidade festeira para ofrecer desta volta a súa Festa da Xuventude. O prato forte desta edición será a orquestra canaria EL COMBO DOMINICANO que estará acompañada por outra agrupación musical. En principio ía a ser METRÓPOLIS, o grupo coruñés, o que actuaría xunto á banda canaria pero finalmente será a orquestra MARAZUL a que complete o cartel no Esto.

    Con esta festa xa só quedan dúas datas para poder gozar dos ritmos do COMBO 2012 en Galicia. A súa xira Se armó la fiesta chega ao final. Rus (Carballo) e Ceilán (A Baña), sábado e domingo respectivamente, despiden a banda canaria que partirá cara á súa terra o mesmo que acaba de facer ARMONÍA SHOW. E é que o outono xa está aquí e as festas se van acabando...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook