Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Chega Melodías, unha nova orquestra con sete metais

    Orquesta Melodías 2014 - cartelCartel promocional da nova orquestra Melodías

    A nova orquestra Melodías comeza este venres en Lourenzá a súa andaina con 14 compoñentes no escenario e un repertorio no que priman os metais

    Catorce compoñentes no escenario e un repertorio clásico, do das orquestras de "toda a vida", así se presenta unha nova formación musical que en horas acenderá as luces do seu palco e que ten a súa base en Mondoñedo. A orquestra MELODÍAS nace oficialmente a próxima noite de venres a sábado ante os veciños de Lourenzá, coa ilusión e as ganas postas en converter este nome nunha das grandes do seu xénero, como se estivésemos a falar de LOS SATÉLITES, SINTONÍA DE VIGO ou a incombustible COMPOSTELA.

    En tempos nos que parecía que as orquestras espectáculo tiñan gañado o terreo ás clásicas, vemos como seguen a aparecer novas formacións nas que predominará a música de verbena de sempre. Se hai uns poucos meses se presentaba a ROYAL ORQUESTA DE GALICIA, é agora a mindoniense MELODÍAS a seguinte en presentarse. Porque ten que haber de todo tipo de orquestras, afortunadamente, o nacemento dunha nova formación musical de corte popular é unha moi boa noticia, e máis nestes tempos nos que parecía que só tocaba cerrar orquestras e vender palcos.

    Catorce son os compoñentes, como dicimos, da nova formación musical: 7 metais, 4 ritmos e 3 cantantes. MELODÍAS preséntase con este elenco musical:

    César Palleres (voz)

    Nerea García (voz)

    David Losas (voz)

    David Moirón (trompeta)

    Rubén Solloso (trompeta)

    Manuel Prada (trompeta)

    Diego Vizoso (trombón e bombardino)

    Enrique Veiga (saxo tenor)

    Pablo Peláez (saxo alto)

    Pablo Núñez (saxo alto)

    Jesús Lombardía (teclados)

    Jorge Losada (guitarra)

    Fernándo López (batería)

    Javier Fernández (baixo)

    En canto aos datos técnicos, a orquestra MELODÍAS moverá un escenario móbil de 14 metros de longo por 8 de alto e levará un equipo line array de 35.000 w ademais de iluminación led.

    A presentación terá lugar a próxima noite do 4 de abril moi cerca da casa, concretamente en Lourenzá a partir das 22.00 horas, e a nova formación musical estará acompañada polo dúo MURALLA.

    Todo está preparado para, en horas, dar comezo a unha nova historia musical que esperemos que dure moitos anos. Desde Festa a Festa moita sorte e traballo para unha nova orquestra; desde Mondoñedo chega MELODÍAS.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook