Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Chega a famosa romaría de san Fins do Castro

    cabana-s-fins-do-castro-2010-cartelA romaría de San Fins do Castro, declarada de Interese Turístico, terá lugar dentro dunhas horas cos tradicionais xantares e música de orquestra

    No concello bergantiñán de Cabana, cada primeiro de agosto están de festa; é a romaría de San Fins do Castro, en Cesullas, unha das de máis tradición en toda a comarca de Bergantiños e incluso de Soneira e Costa da Morte.

    Os festeiros chegan desde as bisbarras veciñas para pasar un día de festa de campo ao estilo máis tradicional: xantares campestres, música de gaitas e bailes de orquestra.

    Para esta edición cóntase coa actuación de catro agrupacións musicais de Alfa3. A orquestra MARIMBA e o grupo D'MODA para a celebración da romaría; e as orquestras ISLA e JUAN MALLO da Coruña para a festa patronal do luns. En San Fins, un ano máis, romaría con verbena por todo o alto.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook