Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Chega a esperada Costa Oeste 2014: #ES OTRA HISTORIA

    jako dunia wladi daira

    Dianteira de luxo na nova orquestra Costa Oeste 2014

    Por fin chegou o día: COSTA OESTE 2014 é xa unha realidade. Despois de moito tempo de traballo en silencio, hoxe dámosche a coñecer en exclusiva unha grande aposta para esta temporada por parte da axencia Representaciones Lito S.L de Caldas de Reis.

    Ponse en marcha a nova orquestra COSTA OESTE co lema #ES OTRA HISTORIA. Porque como ben di, pouco ou nada ten que ver coa formación musical que estamos afeitos a ver e gozar durante todos estes anos. A nova COSTA OESTE trae nova imaxe, novo escenario, nova posta en escena, novo repertorio... en fin, todo é novo na formación musical que está a piques de cumprir 25 anos de historia.

    E para asinar unha temporada importante para COSTA OESTE, ás portas do seu cuarto de século, cóntase cun elenco de músicos e cantantes profesionais, a maioría sobradamente coñecidos na verbena galega e outras novas promesas, que levarán o nome da orquestra polos campos de festa a partir de pasado mañá e farán da banda unha das orquestras revelación do ano, sen dúbida ningunha.

    Á dianteira de luxo (Jako, Wladi, Dunia e Daira), procedente de formacións musicais de recoñecido prestixio en Galicia, súmanselles outros sete músicos profesionais de sobrado nivel. Con este elenco de músicos e cantantes non é difícil que COSTA OESTE dea moito que falar esta temporada.

    A partir do 2 de maio, COSTA OESTE  #ES OTRA HISTORIA. Podes consultar aquí as datas deste mes e podes seguir todas as noticias e novidades a través da súa páxina web WWW.COSTA-OESTE.COM 

    Desde Festa a Festa desexamos a COSTA OESTE unha temporada chea de éxitos e esperamos poder gozar do seu baile e espectáculo ao longo de todos estes meses de festa que nos esperan.

    ELENCO DE MÚSICOS:

    chino candao eloy era pachi toni xocas

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook