Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Agosto
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Chega a cita gastronómica máis importante de Valga

    valga-festa-da-anguia-2010-cartel

    Gastronomía e gala musical en Valga. Cartel interesante para a Festa da Anguía, que xa vai pola edición 22, e da Mostra de Caña do país. De comer, de beber e de bailar vai a cousa estes tres días no concello pontevedrés de Valga, lindando case coa Coruña.

    A música poñerana artistas e grupos do nivel de M3, NURIA FERGÓ, LUCÍA PÉREZ e LA GUARDIA. E en canto á gastronomía, exaltación de dous produtos estrela na zona, a anguía e mais a caña do país.

    No concello de Valga case semanalmente hai festa nalgunha parroquia ou lugar, e desta volta tócalle á capital do concello e a algún sitio máis do que daremos conta en breve. De momento aquí queda apuntada a cita anual coa gastronomía, que non é pouco.

    valga-festa-da-anguia-2010-cartel-2

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook