Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Octubre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Charleston Big Band presenta as novas fichaxes para 2013

    Orquesta Filadelfia 2011 - 03O vocalista de Filadelfia, David Balboa -na foto- e o pianista de Cinema, Jacobo García, son as novas fichaxes da orquestra Charleston Big Band de Padrón / © Foto: roxegar 2011

    Como xa dixemos máis dunha ocasión, a padronesa CHARLESTON BIG BAND non é moi dada ao baile de entradas e saídas de músicos e cantantes que se dá cada final de temporada no mercado das formacións musicais de verbena. O cadro de persoal da orquestra máis famosa de Padrón é dos que menos se move ano a ano; por iso só haberá dúas novas incorporacións para a próxima temporada das que podemos dar conta esta tarde.

    Confirmado pola dirección da orquestra esta mañá, podemos informar que causan baixa a fin de temporada o cantante Rulo Paz e o pianista e teclista da formación musical, Alberto Inarejo. No seu lugar entran a formar parte de CHARLESTON BIG BAND o vocalista de FILADELFIA David Balboa, tal como se viña dicindo estes días nas redes sociais, e o teclista de CINEMA Jacobo García.

    Orquesta Filadelfia 2011 - 02David Balboa con Elier Chapel, o seu compañeiro en Filadelfia estas últimas tres temporadas / © Foto: roxegar 2011

    O curioso do recambio na voz de CHARLESTON BIG BAND é que se crea unha especie de círculo entre tres orquestras: Rulo Paz pasa á dianteira de SOLARA 2013, de onde sae Miguel Caldas para formar parte da dianteira de FILADELFIA, de onde sae David para ocupar o lugar de Rulo en CHARLESTON.

    Esta temporada que está rematando foi frenética para a orquestra de Padrón. A banda foi das que máis traballou no verán, houbo unha ampliación importante de escenario e da montaxe e, quizais a novidade máis importante, incorporou unha vocalista á dianteira converténdose nunha orquestra con cinco cantantes: Rulo Paz, Fan Pahino, Rita Barreiro, Suso Lapido e Ruth Núñez. Os catro últimos seguirán xunto con David Balboa na dianteira dunha das orquestras máis completas da actualidade verbeneira galega, e unha das que máis gusta, se temos en conta as votacións para escoller a mellor formación musical de 2012 que se está levando a cabo polas páxinas de información verbeneira máis importantes de Galicia.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook