Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Charleston Big Band e Foliada amenizarán o Entroido coruñés

    A Coruña 2012 - Entroido - cartelO programa do Entroido da Coruña parece que non se resente cos recortes que se están a dar en practicamente todos os concellos. A Entronización do Momo, a Cabalgata, a festa infantil (baixo carpa nos xardíns de Méndez Núñez), a Festa choqueira na rúa da Torre ou o Enterro da sardiña e a Queima do Momo para cerrar o mércores o programa 2012, son os eventos máis salientables, como vén sendo habitual, no Entroido coruñés que se asenta principalmente en Monte Alto, na rúa da Torre.

    E en canto ao apartado verbeneiro, dúas serán as formacións musicais que amenizarán este ano a primeira gran cita festeira na cidade herculina. O sábado ás 20.00 horas na Praza de María Pita, onde se entregarán os premios do desfile, actuará a orquestra padronesa CHARLESTON BIG BAND. O martes, día grande das festas, na rúa da Torre ás 21.00 horas actuará, un ano máis, a orquestra coruñesa FOLIADA.

    Diversión garantida a ritmo de orquestra e entre choqueiros e entroidos, un ano máis, na cidade herculina.

    PROGRAMA ENTROIDO DA CORUÑA

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook