Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Charleston Big Band abre as actuacións verbeneiras da Pascua de Padrón con novidades

    Padrón 2013 - Pascua - cartel orquestrasQuince orquestras e grupos musicais actuarán en Padrón na Pascua 2013. Atenas e Charleston Big Band abren as festas; Gran Parada e Claxxon poñerán o broche final

    As formacións musicais da casa son as encargadas de ofrecer as primeiras verbenas da Pascua de Padrón 2013. O grupo ATENAS e a orquestra CHARLESTON BIG BAND son os encargados das primeiras actuacións musicais. A orquestra máis famosa de Padrón trae novidades, aínda que non todas as que estaban programadas. A CHARLESTON tiña pensado presentar a súa nova montaxe e o seu novo espectáculo e repertorio completos para a temporada 2013 pero non poderá ser, polo menos ao 100% do que se ofrecerá. Haberá moitas sorpresas, cambios no repertorio e coreografías pero non se presentará todo o espectáculo 2013 a falta de ultimar detalles finais.

    Con todo será unha noite especial na que poderemos gozar de moitas novidades da orquestra padronesa.

    A segunda xornada verbeneira, domingo de Pascua, estará amenizada por ACHÉ e a orquestra JERUSALÉN, que tamén trae a punto o seu novo espectáculo Carretera y baile. ACHÉ presentará a mediados de abril a súa nova proposta. O luns de Pascua (festivo local) serán PARÍS DE NOIA e ALKAR os encargados das verbenas, e o martes, o grupo de Sanxenxo LA OCA e a orquestra PANORAMA coa súa xira do 25 aniversario. Neste caso espérase que poida usar de novo o seu escenario, que sufriu desperfectos en Burela o pasado xoves debido ao temporal.

    A segunda parte das festas de Pascua traen novidades en canto ás actuacións. O venres serán tres as bandas encargadas de amenizar a Pascuílla. O grupo OCÉANO e as orquestras SOLARA e TELEVISIÓN NORDÉS presentarán os seus repertorios no Paseo do Espolón, na praza de Fondo de Vila e no lateral do campo de fútbol, ao outro lado das atraccións de feira, para dinamizar tamén esa parte da vila. Ademais, terá lugar o Festival de DJ.

    As dúas últimas xornadas preséntanse con dúas formacións musicais cada día: SINTONÍA DE VIGO e o grupo CICLÓN co seu espectáculo Celestial Tour 2013 actuarán o sábado, e o domingo cerran as festividades GRAN PARADA e o grupo CLAXXON. Un fin de festas por todo o alto.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook