Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Junio
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Charleston Big Band: 30 anos nos campos de festa

    Charleston Big Band sen data 001 - orquesta - cartel Un cartel antigo da orquestra Charleston Big Band, que acaba de cumprir 30 anos

    Hoxe a orquestra CHARLESTON BIG BAND cumpre 30 anos. Para unha persoa son poucos anos pero para unha orquestra xa é unha cifra respectable á que moitas delas non chegarán. Por que non son moitas as bandas que superan a trintena de anos polas nosas festas, é un motivo de celebración, sobre todo para os integrantes e xefes do proxecto, e tamén para os seguidores da orquestra que ven que, ano a ano, lonxe de acuciar a idade, a orquestra mellora e marca identidade propia temporada tras temporada.

    Un sinal importante do afianzado do proxecto CHARLESTON BIG BAND é que o cadro de músicos e cantantes se mantén con poucos cambios en cada temporada e a banda é unha das que menos sofre os vaivéns, as altas e baixas de músicos e cantantes e iso nótase no resultado final do traballo ofrecido aos asistentes ás distintas festas da nosa xeografía.

    Charleston Big Band 1984 - orquesta - cartelO primeiro afiche da orquestra (1984)

    Por iso queriamos que a publicación de hoxe fose dedicada para a orquestra CHARLESTON BIG BAND de Padrón que chega aos seus 30 anos con forzas renovadas para seguir ofrecendo un dos mellores repertorios de baile da verbena galega. Cunha ampliación de escenario en 2013 e unha dianteira de 5 voces, a de Padrón segue a ser unha das principais orquestras de baile de Galicia.

    A banda que fixo popular o Merengue Rosalía ten motivos para celebrar estes días o seu aniversario e seguir ofrecéndonos noites de baile e música un ano máis. En breve poderemos gozar de moitas sorpresas que nos teñen preparadas os compoñentes da banda na época forte do ano, porque 30 anos non se cumpren todas as temporadas.

    Charleston Big Band 2007 - orquesta - cartelUn dos últimos carteis máis orixinais da orquestra (2007)

    Os nosos parabéns e a seguir sumando anos así de ben!!

    Orquesta Charleston Big Band 2010 - 001 - RoisRita Barreiro, vocalista feminina en solitario  durante moitas temporadas da orquestra. Coa ampliación a cinco persoas levada a cabo en 2013, a cantante está acompañada por Ruth Núñez, que xa traballara na banda padronesa en solitario.

    Charleston Big Band 2014 - orquesta - cartel

    Unha das imaxes promocionais de Charleston Big Band para o ano do 30 Aniversario

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook