Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Charleston Big Band: 28 anos no campo da festa

    Charleston Big Band sen data 001 - orquesta - cartel Un cartel antigo da orquestra Charleston Big Band, que acaba de cumprir 28 anos

    Onte sábado a orquestra CHARLESTON BIG BAND cumpría 28 anos. Para unha persoa son poucos anos pero para unha orquestra xa é unha cifra respectable á que moitas delas non chegarán. Por que non son moitas as bandas que superan a trintena de anos polas nosas festas, é un motivo de celebración, sobre todo para os integrantes e xefes do proxecto, e tamén para os seguidores da orquestra que ven que, ano a ano, lonxe de acuciar a idade, a orquestra mellora e marca identidade propia temporada tras temporada.

    Un sinal importante do afianzado do proxecto CHARLESTON BIG BAND é que o cadro de músicos e cantantes se mantén con poucos cambios en cada temporada e a banda é unha das que menos sofre os vaivéns, as altas e baixas de músicos e cantantes e iso nótase no resultado final do traballo ofrecido aos asistentes ás distintas festas da nosa xeografía.

    Charleston Big Band 1984 - orquesta - cartelO primeiro afiche da orquestra (1984)

    Por iso queriamos que a publicación central de hoxe, xornada na que se celebra o Corpus en moitas localidades galegas, fose dedicada para a orquestra CHARLESTON BIG BAND de Padrón que chega aos seus 28 anos con forzas renovadas, ampliación de dianteira de cantantes, ampliación de escenario e nova montaxe para seguir ofrecendo un dos mellores repertorios de baile da verbena galega.

    A banda que fixo popular o Merengue Rosalía ten motivos para celebrar estes días o seu aniversario e seguir ofrecéndonos noites de baile e música un ano máis. En breve poderemos gozar dunha importante ampliación do escenario, da nova montaxe e moitas sorpresas que nos teñen preparadas os compoñentes da banda na temporada forte do ano.

    Charleston Big Band 2007 - orquesta - cartelUn dos últimos carteis da orquestra ata o momento (2007)

    Os nosos parabéns e a seguir sumando anos así de ben!!

    Orquesta Charleston Big Band 2010 - 001 - RoisRita Barreiro, vocalista feminina en solitario nas últimas temporadas da orquestra, este ano estará acompañada, en breve, por unha nova voz que aumenta a dianteira a cinco persoas

    Final do primeiro pase 2012 de Charleston Big Band

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook