Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Chantada ofrece o mellor viño e a mellor festa

    Chantada 2013 - XXXI Feira do viño de Chantada - cartelPasan xa 30 anos desde a primeira edición da Feira do Viño de Chantada

    Xa é unha cita obrigada no mes de marzo. Se empezamos co queixo en Arzúa, hai que continuar despois co viño en Chantada. Porque son estas dúas, quizais, as celebracións máis importantes en Lugo nesta época do ano.

    E se a pasada fin de semana era Arzúa a que acollía a súa 38ª edición da Feira do Queixo, agora tócalle a Chantada, que chega este ano á súa edición número 31.

    Esta é quizais unha cita máis verbeneira que a anterior, onde priman os concertos e a música folk. En Chantada priorízase, xunto coa feira e a degustación, a verbena durante tres días, nos que se poderá gozar coa música de cinco orquestras e grupos populares.

    Así, o venres terá lugar a primeira verbena a cargo do grupo YUKATÁN. Os recortes fan das súas e será só esta formación a que actuará e non dúas como viña sendo habitual. O sábado será a vez da orquestra SOLARA acompañada polo grupo D'MODA, e o domingo a TRÉBOL e LOS SATÉLITES poñerán o broche final a esta afamada celebración.

    Un ano máis, na segunda fin de semana de marzo, Chantada ofrece a mellor festa e o mellor viño.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook