Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Chantada ofrece o mellor viño e a mellor festa

    Chantada 2012 - Feira do Viño - cartelA Feira do Viño de Chantada chega este ano á súa edición número 30

    Xa é unha cita obrigada no mes de marzo. Se empezamos co queixo en Arzúa, hai que continuar despois co viño en Chantada. Porque son estas dúas, quizais, as celebracións máis importantes en Lugo nesta época do ano.

    E se a pasada fin de semana era Arzúa a que acollía a súa 37ª edición da Feira do Queixo, agora tócalle a Chantada, que chega este ano á súa edición número 30.

    Esta é quizais unha cita máis verbeneira que a anterior, onde priman os concertos e a música folk. En Chantada priorízase, xunto coa feira e a degustación, a verbena durante tres días, nos que se poderá gozar coa música de seis orquestras populares.

    Un ano máis, na segunda fin de semana de marzo, Chantada ofrece a mellor festa e o mellor viño.

    ORQUESTRAS DA FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA

    Venres 9 de marzo

    ARAMIO e SUAVECITO

    Sábado 10 de marzo

    AMÉRICA SL e COMPOSTELA

    Domingo 11 de marzo

    SUPERFAMA e TRÉBOL

    Toda a información da festa no seguinte enlace:  

    Orquesta Suavecito 2012 - cartelA orquestra Suavecito de Cambados será unha das seis formacións que actuará en Chantada

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook