Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cerre por todo o alto en Cutián

    Cesuras 2012 - Festas da Nosa Señora en Cutián - cartel París de Noia e El Combo Dominicano cerran esta noite as festas de Cutián, en Cesuras

    As festas de Nosa Señora en Cutián, Cesuras, rematan hoxe luns despois de tres días de festa onde non faltou a música da man de JJ Y SON e OS DA TROULA FOLK (primeiro día), e o dúo de CALÚ MÉNDEZ entre outras actividades programadas como unha exaltación do polbo na tarde do domingo ou unha degustación gratuíta de mexillóns de Cabo de Cruz (Boiro), lugar onde, curiosamente, se celebraba ao mesmo tempo unha festa semellante.

    Pero para finalizar os festexos queda reservada a actuación espectacular de dúas orquestras que están arrasando malia os tempos que corren. A incombustible PARÍS DE NOIA e a formación canaria EL COMBO DOMINICANO, con case todo o mes cuberto, chegan a Cutián para deixar un bo sabor de boca e ganas de empezar xa a preparar as de 2013, pois o éxito da convocatoria está cantado, e nunca mellor dito.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook