Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Junio
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cerre do Campionato do Mundo de Duatlón en Pontevedra coa Panorama

    Pontevedra 2014 - Final Mundial Duatlón - cartel

    Acontecemento deportivo importante o desta fin de semana en Pontevedra, o Campionato do Mundo de Duatlón, evento que aumentou de xeito importante as reservas de hotel na cidade do Lérez e no que participan 700 duatletas estranxeiros e 400 galegos e doutras Comunidades de España.

    E como calquera evento importante, o broche final será con música, da man dunha das orquestras de máis sona do momento en Galicia: PANORAMA.

    A formación musical que este ano incorpora novas fichaxes ao seu espectáculo, entre elas, a dianteira feminina formada por Vanesa Sosa, Nakary Palumbi e Naty Méndez, repertorio actualizado, novas coreografías, nova montaxe escénica e equipo de luces láser, chega ao recinto feiral de Pontevedra para poñer o broche de ouro ao que sen dúbida será o evento deportivo da cidade en 2014.

    A entrada é gratuíta.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook