Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Julio
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cerre de nivel no Obradoiro

    Santiago de Compostela 2014 - Festas do Apóstolo - cartel actuación Olympus A orquestra Olympus clausura esta noite ás 24.00 horas as festas do Apóstolo en Santiago de Compostela

    Unha data importante, sen dúbida, para a orquestra de Negreira. Non é calquera cousa o cerre das festas do Apóstolo, e aínda que en principio todas as datas son iguais para unha orquestra porque en cada lugar os compoñentes dan o mellor de si, non teñen a mesma repercusión unhas actuacións ca outras, e hoxe é unha desas datas importantes por ser a data de cerre das festas máis importantes de Santiago de Compostela, pola súa localización, a Praza do Obradoiro, e polo significado, poucos días despois do primeiro aniversario do tráxico accidente de Angrois. Ademais, hai xusto un ano, a orquestra cerraría a edición de 2013 se non fose pola terrible nova acontecida a poucos quilómetros do corazón de Galicia.

    E porque é tamén unha homenaxe a toda aquela xente que morreu, quedou ferida ou axudou nos labores de salvamento, a banda de Negreira estará acompañada polo grupo BATEMENTO, tal como informamos a pasada semana en Festa a Festa.

    Sen dúbida hoxe é unha data especial no calendario da orquestra OLYMPUS, cunha actuación prevista para as 24 horas na praza máis famosa de Galicia e cunha predición boa do tempo.

    OLYMPUS comeza mañá as actuacións de agosto cunha axenda case completa para as próximas semanas. A xira Ahora tu! segue avanzando...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook