Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Celebración das Dores en Outeiro de Rei

    outeiro-de-rei-robra-2010-festas-de-pascuaNada máis e nada menos que catro orquestras abren o programa en Robra, no concello de Outeiro de Rei. Nesta localidade lucense celebran as súas festas da Virxe das Dores con tres días de verbena e oito grandes orquestras.

    A oficina de Alfa3 desprega a súa mellor artillería para o cartel en Outeiro de Rei: as orquestras galegas máis representativas da axencia, como LEDICIA de Ourense, SUAVECITO ORQUESTA, PLAYER'S ou a POCEIRO, liderada polo mestre Miguel Torres, e dúas orquestras espectáculo que proceden de León: IPANEMA e TROPICANA.

    Unha gran carpa, que boa falta ha de facer no caso de cumprirse as previsións, cubrirá o campo da festa para que a chuvia non sexa problema en Robra. O cartel musical tampouco vai ser problema: música en cantidade e calidade.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook