Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Celanova: festas de San Roque sen globo

    Celanova 2012 - Festas de San Roque - cartelPor segundo ano consecutivo, o globo de papel de Celanova, que competía co seu irmán grande de Betanzos, non subirá ao ceo na noite de San Roque. Parece que esta tradición se acabará perdendo en Celanova se non cambian os tempos.

    O que si se vén celebrando desde o día 14 son as populares verbenas. DISEÑO e a orquestra FANIA BLANCO SHOW eran os encargados de abrir as celebracións. LEMBRANZA e GRAN PARADA foron as responsables da verbena a pasada noite, e para cerrar hoxe as festas, ademais da tradicional tirada de fogos de artificio (aínda que sen o tradicional aerostato de papel), o grupo FORMAS e a orquestra SINTONÍA DE VIGO poñerán o broche final a unhas festas que loitan por manterse no calendario a pesar de non poder seguir cumprindo coa tradición unha vez máis.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook