Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cee celebra a Xunqueira ata o próximo venres

    Cee 2012 - Festas da Xunqueira - cartel A localidade de Cee, en plena Costa da Morte, celebra desde hoxe e ata o próximo venres as súas festas patronais: Virxe da Xunqueira 2012.

    A lenda di que a Virxe se apareceu neste lugar mariñeiro entre uns xuncos (de aí o nome da Xunqueira) e nese mesmo sitio se levantou unha capela. É unha das festas relixiosas (e tamén laica) máis importantes de toda a comarca.

    En Cee combinan concertos con verbenas, bandas e orquestras, como o grupo que abriu hoxe as celebracións (FUNKATRO) ou DANZA INVISIBLE que actuará o xoves. En canto ás orquestras e grupos verbeneiros NOVA PALMA, desde Corcubión, e PARÍS DE NOIA actuarán mañá martes, o día grande será a vez de CICLÓN e a orquestra SUPER STAR (estraña combinación) e o xoves, ademais do concerto, chega ás festas de Cee a orquestra CANADÁ.

    Aínda o venres será tamén día de celebración aínda que no programa só está prevista a actuación de PABLO DÍAZ e a BANDA DE TIC TAC, espectáculo de grande éxito entre os máis pequenos da casa.

    Cabe lembrar que o pasado ano a orquestra SUPER STAR sufrira o incendio do seu escenario cando se desprazaba cara ás festas de Cee. Ao final actuara nun palco prestado cos instrumentos dos compañeiros de TROCO e sen o vestiario definido para a actuación. Todo o levara o lume aínda que non houbera que lamentar danos. Este 15 de agosto estará moi presente nos compoñentes da orquestra coruñesa, aínda que afortunadamente para lembrar un mal día felizmente superado.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook